YA ESTÁ A LA VENTA EL CD "CANTOS DE CONTENTO"

Nuestro sincero agradecimiento a Martín Fernández Sampedro, voluntario traductor de esta página.

SOS ÁFRICA – Servizo de Solidaridade con África é unha Organización de Cooperación ó Desenrolo. Entre os seus obxectivos e proxectos máis importantes subliña-la atención á infancia e á mocidade. Concienciada da magnitude dos problemas existentes nestas zonas baixo a sombra da pobreza, SOS ÁFRICA propúxose atopa-los medios necesarios para poñer remedio, na medida do posible,  a tantos males, no convencemento de que “sen medios, non hai remedios”. Enlazando cos seus obxectivos, SOS ÁFRICA – Servizo de Solidaridade con África puxo en marcha o proxecto discográfico “Cantos de Contento” (Cantigas de Ledicia).

QUE É

"Cantos de Contento" é un recurso baseado en cantigas que facilitamos ás comunidades cristiás de todo o mundo que queiran anima-las súas celebracións litúrxicas. Cremos no máis profundo que as cantigas conseguirán este obxectivo.

"Cantos de Contento" é tamén un proxecto de solidaridade no que os principais beneficiarios son os rapaces e rapazas das rexións máis pobres e esquecidas de Kenia, onde a miseria e a desesperación camiñan xuntas. Verdadeiramente precisan da túa axuda.

QUEN

a) O Compositor

O compositor é Nguema Emaga Eyui. Orixinario de Guinea Ecuatorial, de pequeno medrou baixo os coidados das Madres Concepcionistas e das Relixiosas nativas de María Inmaculada. Realizou os seus estudos de Bacharelato en España cos Padres Claretianos, en Castro Urdiales e Granada. Cursou os seus estudos de Teoloxía na Facultade de Teoloxía de Granada e na Facultade de Teoloxía de Cataluña (Sant Cugat e Barcelona), onde concluíu os cursos de Doutorado. Defensor da Teoloxía da Inculturación, Emaga Eyui é licenciado en Teoloxía pola Facultade de Teoloxía de Cataluña e en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Barcelona.

b) As relixiosas cantantes

Este disco é o resultado dun meirande esforzo das relixiosas que o fixeron posible. Todas elas son orixinarias de Kenia e proveñen das rexións máis afectadas pola miseria, a fame, a seca, as enfemidades, razóns polas que se decidiu actuar sempre co apoio das súas comunidades. Conscientes das dificultades que acarrexa atopa-la axuda oficial para África, decidiron deste xeito procura-los medios para poder pór remedio a tantos males, coa axuda de Deus e dos cristiáns. "A Deus pregando e co canto dando". Entenden que a súa oración é acción; que a súa vida contemplativa é activa; que o seu amor ós demáis debe ser operativo (“obras son amores”). Na actualidade algunhas das relixiosas colaboran activamente con SOS ÁFRICA en proxectos relacionados coa mellora das condicións de vida das poboacións infantís nas zonas das que proveñen. Nesta edición de Cantigas de Ledicia ("Cantos de Contento") colaboran as seguintes relixiosas:

1        REGINA MBITHE MBITHI

2        ROSALIA MWELU MUTHOKA

3        CATHERINE MWIKALI NZIOKI

4        JANE NDUKU KALOKI

5        JACINTA MUTIO MUITYA

6        CHRISTINE NGAMI MASAVU

7        MARY MUSEMBI

8        ROSE MARY MUENI

9        JULIANAH KANINI KILONZO

10    ELISABETH MBOVI MUTISYA

c) Por sorte, tódalas relixiosas participantes contaron coa comprensión e o apoio de cadansúa comunidade. Proceden dos seguintes mosteiros:

- Relixiosas Carmelitas

Mosterio del Amor Divino

Tárrega (Lérida)

 

- Relixiosas Carmelitas

Mosterio Madre de Dios del Carmen

Vilafranca del Penedés (Barcelona)

 

- Relixiosas Carmelitas

Mosterio de la Encarnación

Barcelona

 

- Relixiosas Mercedarias

Convento Mercedarias Descalzas

Arcos de la Frontera (Cádiz)

PARA QUEN

Os principais beneficiarios serán as poboacións necesitadas das rexións que citamos con anterioridade, dun modo particular en Kenia, incidindo sobor de todo na escolarización dos nenos e das nenas, e tamén na construcción de infraestruturas educativas. Como escribe unha das relixiosas: "o meu pobo é moi pobre. Ás veces, cando vou alá, dáme pena tanta pobreza e cómo sofren os nenos; hai moitos orfos e rapaces sen pai. Moitas veces veñen á miña casa a pedir que lles atope padriños para poder ir á escola, pero eu non sei qué contestar". Ante outras carenzas (non hai auga, por exemplo), "para min o máis importante é que os nenos podan medrar ben educados e que teñan axuda para un futuro mellor. Por iso decántome, dentro de tantas necesidades, pola educación dos nenos".

AS CANCIÓNS

As cancións que cantan están en castelán, e hai dúas versións en catalán. Fai falla destacar que a lingua nai de todas elas é o kamba; as linguas oficiais do seu país son o kiswahili e o inglés; as súas linguas adoptivas actuais son dous: o español e o catalán. Para poder canta-las cancións ou cantigas todas elas fixeron un meritorio esforzo de pronuncia. E o resultado é bo. Estas "cantigas de ledicia" poden ser cantadas en calquera parte do mundo, en calquera comunidade cristiá hispanofalante. "Cantos de Contento" (Cantigas de Ledicia), en sintonía coa tradición bíblica e africana, ofrece temas ledos para anima-las celebracións litútxicas das comunidades máis dinámicas, empregando tódolos recursos para louvar ó Señor: aplausos, palmas, berros de ledicia, movementos corporais, danza,....

ONDE E CANDO

As gravacións tiveron lugar en Barcelona do 22 ó 25 de maio, ámbolos dous inclusive, na sede de SOS África. Está previsto que o disco vexa a luz e sexa presentado en acto público en Barcelona despois do verán. Estableceranse datas para a súa presentación noutras capitais. Semanas antes das gravacións, enviouse a cada unha das relixiosas un dossier explicativo e un CD adxunto que contiña as cancións a aprender. Unha vez en Barcelona, houbo un ensaio xeral con todas elas. En efecto, aprendéronse as cantigas. Só se tivo que facer algúns pequenos axustes, cousa que facilitou -de abondo- a axilidade nas gravacións.

PROMOCIÓN

Co fin de consegui-los obxectivos desexados, SOS ÁFRICA solicitará a colaboración de tódalas institucións cristiás, parroquias, mosteiros, conventos, asociacións e medios de comunicación na súa amplitude (TVs, radios, xornais, revistas, etc.). 

PEDIDOS

Os pedidos poderanse facer:

1        Por correo postal (contrarreembolso)

2        Ingreso en conta bancaria

3        A través do correo electrónico

4        Dende a páxina de internet

5        Na sede central de SOS ÁFRICA

6        En librarias e discografías de música relixiosa.

7        Por teléfono: 93 412 66 77 – 902 42 62 62